Ola chic@s!!!, qué tal estades? Espero que moi ben e agora que podedes sair a pasear, andar en bici, patinete, patíns,… pois seguro que moito mellor.
Hoxe toca traballar sobre esta curtametraxe que ten de protagonista a Pip, un futuro can guía. Estade moi atentos ao vídeo para responder logo as seguintes preguntas na libreta ou nunha folla.
Ola mozos / as!!
Que tal estades? Xa nos queda menos …
Como sabedes este mes celébrase o DIA DA FAMILIA, xa fixemos actividades sobre ela,verdade?
E que a Familia é unha bendición.
A Biblia ensínanos que debemos aprender das situacións difíciles. E esta o é, e estanosa ensinar moitas cousas, sobre todo a VALORAR as bendicións, e todo o que temos .E a FAMILIA o é.
Así que , seguimos coñecendo máis sobre as FAMILIAS, sobre a nosa, como podemos colaborar e axudar en todo: na casa, no noso traballo, obedecendo aos nosos pais…
Acordándonos tamén das familias que o están pasando mal!!!
Aquí podedes visualizar un vídeo sobre a familia de Jesús
Esta semana propoñémosvos realizar :
- Unha árbore xenealóxica das vosas familias… E sacarse unha foto familiar!!!
- E unha árbore xenealóxica sobre a familia de Jesús. Para realizalo podemos usar diferentes técnicas!!!
- Estampar as mans con pintura ou recortar as siluetas .
- Ou Facer Estampaxes cos rolos de Cartón…(cortamos tiras do rolo de cartón e usámolo para estampar).
O MÁIS IMPORTANTE… GOZAR DA FAMILIA E GARDAR MOITOS RECORDOS XUNTOS!!!
Un abrazo