martes, 19 de mayo de 2020

VALORES / RELIGIÓN

VALORES


Ola chic@s!!!, qué tal estades? Espero que moi ben e agora que podedes sair a pasear, andar en bici, patinete, patíns,… pois seguro que moito mellor. 
Hoxe toca traballar sobre esta curtametraxe que ten de protagonista a Pip, un futuro can guía. Estade moi atentos ao vídeo para responder logo as seguintes preguntas na libreta ou nunha folla.




PREGUNTAS. Podedes descargar as actividades nesta  LIGAZÓN.

- Para que acude o cachorro Pip á universidade canina?



· Resúltalle fácil conseguir ser un can guía?



· Pip esfórfase pero ó principio non o fai ben, cómo consegue o seu título?



· Os cans guías axudan e son os mellores amigos dos seus donos. Que coidados se deben facer aos animais?


- Fai un debuxo da túa mascota ou do teu animal preferido.

RELIXIÓN.


Actividade de Relixión (Lembrade enviarlla a Ana)
Ola mozos / as!!
Que tal estades? Xa nos queda menos …
Como sabedes este mes celébrase o  DIA DA FAMILIA, xa fixemos actividades sobre ela,verdade?
E que a Familia é unha bendición.
A Biblia ensínanos  que debemos aprender das situacións difíciles. E esta o é, e estanosa ensinar moitas cousas, sobre todo a VALORAR  as bendicións, e todo o que temos .E a FAMILIA o é.
Así que , seguimos coñecendo máis sobre as FAMILIAS, sobre a nosa, como podemos colaborar e axudar en todo: na casa, no noso traballo, obedecendo aos nosos pais…
Acordándonos tamén das familias que o están pasando mal!!! 
Aquí podedes visualizar un vídeo sobre a familia de Jesús 
A familia de Jesús https://www.youtube.com/watch?v=3Xo_AT2EfMI


 Esta semana propoñémosvos realizar :
 - Unha árbore xenealóxica das vosas familias…                       E sacarse unha foto familiar!!!
- E unha árbore xenealóxica  sobre a familia de Jesús. Para realizalo podemos usar diferentes técnicas!!!
 - Estampar as mans con pintura  ou   recortar as siluetas .
- Ou Facer Estampaxes cos rolos de Cartón…(cortamos tiras do rolo de cartón e usámolo para estampar).
O MÁIS IMPORTANTE…
GOZAR DA FAMILIA E GARDAR MOITOS RECORDOS XUNTOS!!!
Un abrazo

Podedes ver esta entrada no PDF.

No hay comentarios:

Publicar un comentario